O gaiteiro
Proel
O GAITEIRO
Na gayola de buxo do punteiro,canta o lírico vento beiladordo campo amañecente, envolto en néboa,chíos de verdeirol madrugador.
Os saloucos mollados da herba nova,os baluzes esparsos do pai sol.—Pol-as mans do gaiteiro pasa o ríodas cantigas rizadas que hai no fol—.
Nos ollos orballados do gaiteirohai romaxes sin fin, tolos de cor,angurías magnéticas do díana sanguenta traxedia do Sol-por.
No seu xemer leva a gaitaafogado un corazóne a alma da nosa terravai envolta na emoción.
Creouna o vento galegoe cando arele chorartodol-os ríos do campodos seus ollos correrán.
E, no ergueito roncón da gaita celta,todal-as curiscadas do delor,pousaranse na frouma do seu canto,dependuradas no choroso son.